Visita a centenaria: Sebastiana Savasta

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Veciñanza

A alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, visitou a Sebastiana Savasta, veciña da Lagoa (Ouces), para felicitala polo seu centenario, que cumpriu o 10 de febreiro de 2026, e entregarlle un ramo de flores e un detalle do Concello.

Naceu en Sicilia; despois da guerra marchou á Arxentina (Mar del Plata) coa súa nai, o seu marido e catro fillos. Ao chegar, mandárona de volta porque lle dixeron que tiña febre amarela e tivo que regresar a Sicilia. A súa nai foi falar con Eva Perón e, despois de 9 meses, puido regresar á Arxentina (fíxoo en barco, con camarote asignado e todas as comodidades). Viviu 25 anos en Italia, 50 anos na Arxentina e leva 25 anos en Bergondo.

Sebastiana quedou viúva aos 38 anos con 4 fillos e unha filla en camiño. Ten 5 fillos, 9 netos e 9 bisnetos. Encargouse sempre das tarefas do fogar e tamén tivo un despacho de pan na Arxentina. Goza dun estado de saúde moi bo e o único que a limita un pouco son as pernas.