A Unidade de Orientación Profesional (UOP) de Bergondo, incorporada ás Aulas do Programa de formación aberta “Aula Mentor” do Ministerio de Educación e Formación Profesional presta un servizo específico de orientación profesional, encamiñado a:
- Identificación de persoas potencialmente interesadas na acreditación de competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral ou outras vías non formais ou informais.
- Difusión entre ocupados e desempregados da zona.
- Informar e asesorar sobre ofertas e itinerarios formativos de mellora de cualificación.
- Acompañamento no proceso de rexistro no procedemento, axuda no enchemento da documentación para presentar xunto coas solicitudes, na elaboración do currículo e sobre o uso dos instrumentos de apoio que permiten preparar a fase de avaliación.
- Identificar e asesorar á cidadanía sobre as accións de formación dispoñibles, unha vez finalizado o procedemento de acreditación de competencias.
Estas actuacións realizaranse preferentemente de forma presencial, podendo, de maneira excepcional, combinarse co uso de plataformas dixitais. Poñemos á súa disposición este servizo como actuación estratéxica para posibilitar a xeración de itinerarios formativos que melloren a cualificación da nosa población.
Contacto co administrador da Unidade de Orientación Profesional (UOP) de Bergondo:
- Localización: Estrada da Coruña, 12. 15165 Bergondo.
- Teléfono: 981 791 252 – Ext. 7.
- Correo electrónico: jesus.seijas@bergondo.gal – educacion@bergondo.gal – bergondo@aulamentor.es
- Web: https://bergondo.gal