❗Taller de acoso na rúa
🗓️ Voves 22 de xuño
🕙 Ás 10.30h.
📍 Edificio A Senra.
PLANTA CARA AO ACOSO NA RÚA
Aprende como combater de maneira segura o acoso na rúa: achégate este xoves e descobre como reaccionar se es testemuña ou vítima de acoso sexual en espazos públicos.
O ACOSO NA RÚA É O PRIMEIRO PROBLEMA AO QUE SE ENFRONTAN AS MULLERES DE TODO O MUNDO.
O acoso sexual nos espazos públicos identifícase como o problema máis importante ao que se enfrontan as mulleres de todo o mundo; o acoso na rúa supón para a vida cotiá das mulleres un obstáculo que as desposúe da súa sensación de seguridade e da súa autoestima.