Subvención campaña Limpeza de praias Verán 2025

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Veciñanza

O Concello de Bergondo foi beneficiario dunha subvención da Deputación Provincial de A Coruña por importe de 24.349,76 € para a Campaña de Limpeza de Praias do pasado verán. Durante este mes de outubro procederase a xustificar ante o ente provincial a devandita subvención.