Solicitude de praza na Escola Infantil Municipal de Bergondo para o curso 2026/2027

O Concello de Bergondo informa de que dende o 1 ao 23 de abril de 2026 estará aberto o prazo para presentar as solicitudes de novo ingreso na Escola Infantil Municipal de Bergondo para o próximo curso 2026/2027.

Quen pode ocupar praza

Para obter praza os menores deben cumprir os seguintes requisitos de idade:

  • Ter mínimo 3 meses de idade ao inicio do curso.
  • NON ter cumpridos 3 anos a 31 de decembro de 2026.

* No caso de nais xestantes poden solicitar praza que será baremada, pero quedará en listaxe de reserva. Non se formalizará admisión ata o nacemento e sempre que se cumpra coa idade mínima regulamentaria.

A asignación de prazas vacantes realizarase segundo a seguinte orde de prioridade e tendo en conta o baremo da Xunta de Galicia (publicado no DOG núm 50 do 16 de marzo de 2026) para a valoración de cada unha das solicitudes:

  • Familias empadroadas no Concello de Bergondo (pais, nais ou titores legais e o/a menor) cun mínimo de 6 meses de antigüidade, agás traslados debidamente xustificados.
  • Familias non empadroadas pero con posto de traballo regular no municipio.
  • Familias de concellos limítrofes.

Como presentar a solicitude

  • Forma telemática (preferente)

A través da sede electrónica municipal, cubrindo os formularios (modelo de solicitude, anexo de comprobación) e achegando o resto de documentación complementaria para realizar a valoración sociofamiliar, laboral e socioeconómica.

https://sede.bergondo.gal/sxc/es/procedimientosytramites/tramites/Solicitudplazaescuelainfantil_N

  • Forma presencial

No Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 14:00 horas, cubrindo os formularios (modelo de solicitude, anexo de comprobación) e achegando o resto de documentación complementaria para realizar a valoración sociofamiliar, laboral e socioeconómica.

Recoméndase solicitar cita previa:

Documentación

– Modelo de solicitude de novo ingreso debidamente cumprimentada e asinada.

– Anexo de comprobación de datos cumprimentado e asinado polo cónxuxe que non é solicitante.

– Libro de familia ou partida de nacemento do menor.

– DNI do proxenitor ou representante legal solicitante.

– Certificado de empadroamento colectivo se non se autoriza a súa comprobación por parte da administración.

– Informe de vida laboral actualizado de ambos pais. En caso de situación de desemprego, acreditación de dita situación na que conste a data de antigüedade.

– Certificación do IRPF correspondente ao ano 2024 de ambos pais.

– No caso de que non sexan veciños de Bergondo pero sí traballen no termo municipal achegarán certificación de empresa que xustifique o posto de traballo.

– Se son veciños doutros concellos certificado de empadroamento colectivo do concello donde reside.

– Outra documentación que xustifica a situación socio-familiar, socieconómica e laboral (título de familia numerosa; certificado de monoparentalidade; orde de protección, medida cautelar, sentenza por violencia de xénero; informe do equipo de valoración e orientación específico da Xunta en caso de menores con NEAE; xustificante de ser perceptor/a da risga; certificado de alto rendemento deportivo; certificado de discapacidade; resolución da declaración de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, etc).

Máis información

Para resolver dúbidas sobre documentación, horarios ou servizos da escola, as persoas interesadas poden contactar cos Servizos Sociais municipais no teléfono: 981 79 12 52 (ext. 4).

Xornadas de portas abertas
Os días 9  e 13  de abril en horario de 16:00 a 17:00 . Aquelas familias que queiran coñecer as instalacións da escola infantil deben pedir cita  no teléfono 981780537.

Normativa de interese

  • Regulamento de réxime interior da Escola Infantil Municipal de Bergondo (BOP NÚM 144, LUNS , 29 DE XULLO DE 2024).
  • Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo público de escola infantil municipal (BOP NÚM 226, MARTES, 29 DE NOVEMBRO DE 2022).
  • Baremo publicado na Resolución do 10 de marzo de 2026 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes da axencia galega de servizos sociais para o curso 2026/2027 (DOG NÚM 50, LUNS, 16 DE MARZO DE 2026).

 

Documentación Novo Ingreso

COMPROBACIÓN DE DATOS PARA SOLICITUDES DE NOVO INGRESO NA EIMB

2026_0000001662 publicación BOP