Segunda manifestación contra o proxecto de supresión do baipás de Infesta

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello

O Concello de Bergondo convocou a segunda manifestación contra o proxecto do Ministerio de Transporte para o “ramal de conexión entre as liñas de ancho ibérico León–A Coruña e Betanzos Infesta–Ferrol”, que implica a supresión do baipás de Infesta.

Faino tras manifestarse por primeira vez o 28 de outubro e despois de recorrer a decisión do Ministerio de non contemplar a alternativa proposta polo goberno local para o proxecto de supresión do baipás de Infesta ao concluír que “a alternativa 5s proposta non resulta viable tecnicamente”.

A manifestación está prevista para o vindeiro venres, 28 de novembro, ás 19:00 horas, na DP-0105, ao lado do Hotel Luso, e realizarase baixo o lema “Por unha alternativa xusta. Cortiñán non se mutila”.