Saída sociocultural ao Mosteiro de Sobrado, Fortaleza de Narla, Melide, Castelo de Pambre e Arzúa

O Concello de Bergondo anuncia unha saída sociocultural enmarcada dentro da programación do aniversario dos 900 anos do Mosteiro de San Salvador. Esta saída recollerá distintas actividades: visita guiada polo Mosteiro de Sobrado dos Monxes, visita á Fortaleza de San Paio de Narla e ao Castelo de Pambre e, tamén, paseo por Melide e por Arzúa.

A actividade terá lugar o vindeiro sábado, 4 de xullo, e está orientada a maiores de 18 anos. No caso de querer acudir menores de idade, deberán ir acompañados dun adulto.

A inscrición poderá tramitarse os días 10 e 11 de xuño, ben presencialmente na Casa da Cultura en horario de 09:30h a 14:00h, ou ben chamando ao 981 79 12 52 (extensión 7). A actividade comenzará ca saída do autobús ás 08:00h dende a Casa do Concello e concluirá co regreso ao mesmo punto arredor das 22:00h.

Se o número de solicitudes supera as prazas ofertadas, procederase a un sorteo entre os demandantes. Neste proceso, terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Bergondo, criterio que tamén se aplicará para a asignación de prazas no autobús. Así mesmo, considerarase a composición da unidade familiar.

O prezo será de 20 euros e poderase facer o pago os días 22 e 23 de xuño.