Rematan as obras de mellora do camiño que conecta Campiña con Corral da Igrexa, na parroquia de Lubre

  • Categoría da entrada:Concello

O Concello de Bergondo acaba de finalizar a obra de mellora do vial que une Campiña con Corral da Igrexa, na parroquia de Lubre. Trátase da estrada que une a DP-0811 coa DP-0813.

O investimento realizado nestes traballos roza os 57.000 euros (56.995), financiados a través dos fondos de AGADER, correspondentes ao Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024.

As actuacións realizadas consistiron na repavimentación da estrada, que presentaba un firme bastante deteriorado polo uso do mesmo. Ademais do reasfaltado, realizáronse traballos de limpeza de cunetas e bordos, a instalación dunha recollida de augas pluviais e a renovación da sinalización horizontal, incluíndo un símbolo de stop no inicio e o final do camiño.

Dende o goberno local subliñan que este lavado de cara “mellorará a calidade de vida dos veciños destes dous núcleos”. Subliñan que “un dos puntos básicos do noso programa de goberno é precisamente a mellora das infraestruturas básicas nas zonas rurais do noso concello”.