Celebramos as historias compartidas, os recordos que seguen vivos e as conversacións que nos axudan a mirar a nosa contorna desde novas perspectivas. Celebramos os encontros que nacen ao redor dunha fotografía, dun oficio, dun espazo común ou das experiencias que forman parte da nosa identidade colectiva.
Desde 2019, #BergondoEnFeminino traballa para recuperar e visibilizar as historias das mulleres do municipio. Mulleres que abriron camiños, que coidaron, que loitaron, que construíron comunidade desde diferentes ámbitos e que deixaron unha pegada imprescindible na nosa historia.
Nesta nova edición volvemos reunirnos para seguir tecendo esa memoria compartida. Fixémolo a través do scape room de @escapeo_circuítos, do taller “Coser a historia” con Verónica Ramilo, do II Certame de Foto-Relatos e de todas as persoas que achegaron o seu tempo, os seus recordos e a súa participación.
O #BeFest2026 foi un espazo para atoparnos, escoitar testemuños, recoñecer o valor de quen nos precedeu e compartir o traballo realizado durante estes meses. Tamén foi o momento de felicitar ás persoas premiadas no Certame e agradecer a todas aquelas que fixeron posible este proxecto.
E, por suposto, tamén houbo tempo para desfrutar.
Para cantar, bailar e compartir momentos ao ritmo das Cantareiras de @arevolteira e Non fagas ruído. Para saborear os produtos da nosa terra xunto a Artesa da Moza Crecha. Para facer o que mellor sabe facer unha comunidade cando se reúne: celebrar, convivir e seguir construíndo recordos xuntos.
Grazas a todas as persoas que formastes parte desta edición.