Presentación do libro ‘Memoria en Pedra’

O próximo xoves, 6 de agosto, ás 11 horas o Mosteiro de San Salvador acollerá a presentación do libro ‘Memoria en Pedra’, de Rubén Aramburu e Xosé M. Salgado.

A publicación, que sae á luz con motivo dos actos conmemorativos polo 900 aniversario do Mosteiro, repasa a historia do cenobio e o patrimonio que alberga.