O prazo de presentación de solictiudes de novo ingreso na EIM de Bergondo para o curso 24/25 abre o 1 de abril

O vindeiro luns 1 de abril abre o prazo de presentación de solicitudes para os novos ingresos na Escola Infantil Municipal de Bergondo para o curso 2024/2025. Estará dispoñible ata o venres 19 do mesmo mes.

Esta é toda a documentación necesaria para presentar:

Publicación BOP prazo e prazas vacantes 2024-2025.

Folleto informativo para a presentación de solicitudes na EIM de Bergondo curso 24/25.

Solicitude de novo ingreso EIM de Bergondo.

ANEXO: comprobación dos datos EIM de Bergondo para novo ingreso.