Pleno ordinario do 30/05/2024

  • Categoría da entrada:Concello
Hoxe tivo lugar un pleno ordinario do Concello, no que se trataron os seguintes asuntos:
  • Aprobación inicial da modificación do regulamento de réxime interior da Escola Infantil Municipal de Bergondo. Aprobado por unanimidade.
  • Aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora das condicións de expedición e uso das tarxetas de estacionamento para persoas con discapacidade e mobilidade reducida. Aprobada por unanimidade.
  • Modo de xestión do servizo de xestión da Escola Infantil Municipal. Aprobado por unanimidade.
  • Aprobación inicial do Plan de Saneamento Municipal 2024 (5ª Fase). Aprobado por unanimidade.
  • Interpretación das cláusulas do contrato de concesión administrativa do ciclo integral da auga. Aprobada e desestimada a solicitude por unanimidade.
  • Modificación do Orzamento do 2024 mediante suplemento de crédito e crédito extraordinario. Aprobado por unanimidade.
  • Moción do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre a solidariedade co pobo palestino. Aprobada cos votos a favor de PSOE, Alternativa dos Veciños e BNG e a abstención do PP.
  • Moción do BNG sobre melloras na contorna do Pedrido. Aprobada cos votos a favor de BNG e PP e a abstención de PSOE e Alternativa dos Veciños.
  • Moción do PSOE sobre o financiamento da Xunta de Galicia do Servizo de Axuda no Fogar. Aprobada cos votos a favor de PSOE, Alternativa dos Veciños e BNG e a abstención do PP.