Pleno extraordinario – 30/10/2025

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello
Hoxe celebrouse un pleno extraordinario do Concello de Bergondo. Tratáronse os seguintes asuntos:
 
  • Aprobado por unanimidade o Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Bergondo 2026-2028.
  • Aprobada a modificación, de acordo co IPC, da Ordenanza Reguladora da Prestación Patrimonial pola Subministración de Auga Potable, pola Acometida á Rede Xeral de Abastecemento e á Rede Xeral de Saneamento, así como pola Prestación do Servizo de Rede de Saneamento e Depuración de Augas Residuais. Votos a favor de PSOE, Alternativa dos Veciños e BNG e a abstención do PP.
  • Aprobada por unanimidade a encomenda de Xestión á Deputación Provincial da Coruña para a Selección de Persoal Funcionario Interino para Postos de Arquitecto e Arquitecto Técnico.
  • Aprobada a Aprobación Definitiva do Plan Especial de Dotacións e Infraestruturas da Senda Fluvial do Río Maior. Votos a favor de PSOE, Alternativa dos Veciños e PP e en contra do BNG.