OUTONO CULTURAL 2024

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Cultura

Descarga o programa completo: OUTONO CULTURAL 2024

Na actuación do 23 de novembro (Show máxico de Cayetano LLedó) decide implementarse unha nova forma de acceso con PRIORIDADE AOS ASISTENTES EMPADROADOS.

Os empadroados no concello de Bergondo, podedes anotarvos ata o xoves, 21 de novembro, ás 14:00 h. indicando nome, apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico:

-Por correo electrónico a cultura.deportes@bergondo.gal

-Por teléfono, no 981 791 252 (ext.7) en horario de 9:30 a 14: 30 h.

ENTRADA AO ESPECTÁCULO

– Os asistentes con reserva deberán presentarse co seu DNI na Senra entre as 17:30 e as 17:45 h.

-No caso de que queden butacas libres, permitirase o acceso ao auditorio por orde de fila, e ata completar oaforo. Para elo, o venres 22 o concello publicará polo servizo de WhatsApp e na páxina web bergondo.gal o número de butacas dispoñibles.

No caso de que se realicen moitas reservas, e para favorecer o acceso ao maior número de familias posible, o concello poderá entregar unicamente unha entrada de adulto por cada núcleo familiar