Orzamentos Participativos 2026

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello

O Concello de Bergondo busca, un ano máis, a participación da cidadanía nos orzamentos municipais. Por iso convoca a oitava edición dos orzamentos participativos para o 2026, que, do mesmo xeito ca en anos anteriores, consisten en reservar unha partida de 100.000 euros para financiar a mellor das propostas recibidas.

Este é un mecanismo que o goberno local emprega para dar voz ás veciñas e veciños de Bergondo e que estes propoñan as súas ideas para mellorar o municipio.

Os requisitos principais para a admisión de propostas, ademais de estar empadroado ou residir en Bergondo, son: que sexan viables, que a súa execución dependa do Concello e non doutras administracións, e que teñan un interese xeral ou parroquial.

De todos os xeitos, outro tipo de propostas que poidan ser de interese mais non se adapten a este proceso teranse en conta para incluílas noutros paquetes de investimento ou en solicitudes de subvención a outras administracións.

As persoas interesadas en participar poden enviar as súas propostas ata o 24 de outubro. Para iso distribuíuse un formulario cos datos necesarios a cubrir que pode entregarse no Rexistro, a través da sede electrónica, nos buzóns dos centros sociais de cada parroquia ou por correo electrónico a correo@bergondo.gal.

Despois recompilaranse todas as propostas e escolleráse unha de entre as viables que se axusten aos requisitos de participación e ao orzamento de 100.000 euros destinado a este fin. O resultado publicarase o 31 de outubro na web e nas redes sociais municipais.

Descarga o folleto