Obradoiros, contacontos e experiencias sensoriais na programación de fin de curso da biblioteca municipal

A Biblioteca Municipal de Bergondo deseñou unha programación especial para celebrar o fin de curso, cun total de seis actividades orientadas ao gozo, á lectura e á creatividade dos máis pequenos.

A axenda de actividades arrancará este venres, 15 de maio, cun obradoiro infantil de creación de coroas primaverais. Esta sesión levarase a cabo en horario de 18:00 a 19:30 horas e está dirixida a menores de entre 4 e 11 anos.

A seguinte cita terá lugar o 22 de maio, de 18:00 a 19:00 horas, co contacontos “A cebra Camila”, a cargo de Andrea Peiteado, pensado para o público de 3 a 8 anos.

Para pechar o mes, o 30 de maio entre as 11:00 e as 11:45 horas, Marta Ortiz ofrecerá a actividade “Casa, casina, casona”, enfocada especificamente á primeira infancia (bebés e nenos de 0 a 3 anos).

Xa no mes de xuño, a programación continuará o día 5 coa sesión de contacontos “Un agasallo para Lilí”, dinamizada por Trinke Trinke. Será de 18:00 a 18:45 horas para nenos de 3 a 8 anos.

O 12 de xuño, a biblioteca acollerá un novo obradoiro infantil, esta vez centrado na personalización dunha totebag(bolsa de tea). Realizarase de 18:00 a 19:30 horas para participantes de 4 a 11 anos.

Finalmente, a axenda de fin de curso concluirá o 20 de xuño pola mañá (de 11:00 a 11:45 horas) co “Paraíso sensorial” que impartirá Ariadna Santana, unha experiencia adaptada para os máis pequenos, de 0 a 3 anos.

As prazas para todas estas actividades son limitadas. As familias interesadas en que os menores participen deben realizar a inscrición de forma telemática a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/1oieVxxNnD_-hjeQ5GPxhd74mM_ZPEfA0gg0poGKoI2M/viewform?edit_requested=true. A ligazón pecharase todos os mércores ás 13 h. e volverá a activarse o luns da semana seguinte para anotarse ás próximas actividades. Terán prioridade as persoas empadronadas en Bergondo.