O XXIII Encontro dos Nosos Maiores reúne a 485 persoas

O pavillón do CPI Cruz do Sar acolleu hoxe a XXIII edición do Encontro dos Maiores, evento que reúne cada ano a centos de veciños de todas as parroquias do municipio que teñan 60 anos ou máis e ao que nesta edición asistiron 485 persoas.

A tradicional misa, que comezou ás 14 horas e contou nesta ocasión coas voces do coro Lugar dá Lúa (Lubre) foi o punto de partida do evento. Ao acto relixioso seguiulle a comida, na que os asistentes compartiron mantel e charla nun ambiente festivo, e pola tarde unha actuación musical disposta polo Concello amenizou a xornada.

Houbo tamén tempo para as homenaxes aos máis lonxevos. As mulleres de maior idade asistentes foron Francisca Lamas Mallo, de Cortiñán, que fixo os 101 anos en abril e Casilda Vilariño Paz, de 92 anos. Doutra banda, a homenaxe ao home de máis idade asistente recaeu este ano en Adolfo Formoso Chouza, que ten 92 anos e cumpre os 93 anos en novembro.