O Concello presenta un proxecto de saneamento na segunda fase do POS+ Adicional

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Bergondo

O Concello de Bergondo levará ao pleno ordinario de mañá, xoves 31 de xullo, a aprobación dun novo proxecto de saneamento para o núcleo de Fiobre, que será financiado a través da segunda fase do POS+ Adicional 2/2025 da Deputación da Coruña. A actuación conta cun orzamento total de 191.574,63 euros, dos cales 71.830,61 euros serán achegados pola Deputación, mentres que o Concello asumirá con fondos propios os 119.744,02 euros restantes.

O proxecto, que non fora incluído na primeira fase do plan nin no Plan Complementario ao POS+ 2025, enmárcase no obxectivo do goberno local de seguir ampliando e modernizando a rede de saneamento nas distintas parroquias do municipio, prestando especial atención a aquelas zonas que aínda carecen dun servizo adecuado.

Desde o goberno municipal destacan que “esta é unha actuación prioritaria, que responde a unha necesidade real da parroquia de Fiobre, e que permitirá seguir avanzando no compromiso coa mellora dos servizos básicos e a sustentabilidade ambiental”. Así mesmo, subliñan a importancia do respaldo provincial: “O apoio económico da Deputación da Coruña resulta fundamental para que os concellos como Bergondo podamos desenvolver este tipo de investimentos que, aínda que esenciais, serían difíciles de asumir en solitario con recursos propios”.