O Concello organiza unha saída sociocultural ao mosteiro de Samos, Sarria, Lugo e a Aldea das Formigas

O Concello organiza unha saída sociocultural ao mosteiro de Samos, Sarria, Lugo e a Aldea das Formigas.

Será o sábado 9 de maio, con saída ás 8:00 horas da Casa do Concello.

O prazo de inscrición abre mañá, xoves 16 de abril, e pecha o venres, día 17.

As persoas interesadas poden anotarse na Casa da Cultura de 9:30 a 14:00 ou chamando ao 981 791 252 ext. 7.

No caso de haber máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo o 21 de abril ás 10:30 horas na Casa da Cultura.

O pago do prezo (20€) deberá realizarse entre os días 28 e 29 de abril.