O Concello de Bergondo aproba a segunda fase do POS+ Adicional

O pleno do Concello de Bergondo deu luz verde á segunda fase do POS+ Adicional da Deputación da Coruña. Esta decisión tomouse na sesión extraordinaria celebrada onte, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura. No primeiro punto do día, en relación a adhesión a esta segunda fase do Plan Único, a subvención do ente provincial ascenderá ata case os 176.999,14 euros (travesía de San Cidre), que se destinarán á mellora do acceso ao mosteiro de San Salvador. Esta actuación conta cun investimento total de 289.355,83 euros, sumando a achega provincial, que ascende aos 112.356,69 euros.

Esta proposta saíu adiante cos votos favorables do grupo de goberno (PSOE e AV), do PP e a abstención do BNG.

O segundo e último punto da orde do día tamén versou sobre unha subvención da Deputación provincial. Neste caso, a achega ascende ata os máis 32.000 euros e destinarase ao financiamento de gasto corrente, ao non ter o Concello débedas co organismo provincial. Este segundo punto aprobouse por unanimidade.