O Concello convoca a terceira manifestación contra o proxecto de supresión do baipás de Infesta

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello

O Concello de Bergondo convocou a terceira manifestación contra o proxecto do Ministerio de Transporte para o ‘ramal de conexión entre as liñas de ancho ibérico León – A Coruña e Betanzos Infesta-Ferrol’, que implica a supresión do Bypass de Infesta.

Faino tras manifestarse nos meses de outubro e novembro e logo de recorrer a decisión do Ministerio de non contemplar a alternativa proposta polo goberno local para o proxecto de supresión do baipás de Infesta ao concluír que “a alternativa 5s proposta non resulta viable tecnicamente”.

A manifestación está prevista para este xoves, 18 de decembro, ás 13 horas, na DP-0105, ao lado do Hotel Luso, e realizarase baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non se mutila’.