O Concello de Bergondo convocou a cuarta manifestación contra o proxecto do Ministerio de Transportes para o ‘ramal de conexión entre as liñas de ancho ibérico León – A Coruña e Betanzos Infesta-Ferrol’, que implica a supresión do Baipás de Infesta.
Faio tras manifestarse nos meses de outubro, novembro e decembro e logo de recorrer a decisión do Ministerio de non contemplar a alternativa proposta polo goberno local para o proxecto de supresión do baipás de Infesta ao concluír que “a alternativa 5S proposta non resulta viable tecnicamente”.
A manifestación está prevista para este sábado, 24 de xaneiro, ás 12.00 horas, na DP-0105, ao carón do Hotel Luso, e realizarase baixo o lema ‘Por unha alternativa xusta. Cortiñán non se mutila’.