O cruceiro de Obra de Paño xa loce o seu aspecto renovado tras a finalización dos traballos de restauración. Esta intervención foi necesaria para reparar os danos que sufriu o monumento a causa dun sinistro de tráfico.
Dada a importancia de protexer e conservar o patrimonio local, a actuación levouse a cabo seguindo os máximos estándares de coidado e respecto por este ben cultural. Así, os traballos foron executados por unha empresa experta en restauración de bens culturais.
Ademais, aproveitando a presenza dos equipos técnicos, procedeuse á retirada e eliminación da cimentación dun antigo poste de formigón que levaba tempo incrustada na base do monumento.