O Concello celebra o Magosto cunha xornada festiva para todos os públicos

O Concello de Bergondo celebra este sábado, 1 de novembro, o tradicional Magosto, cunha completa programación de actividades que combina música, xogos e tradición, pensada para gozar en familia. A festa terá lugar na pista de San Cidre, xunto á Casa da Cultura, e dará comezo ás 17:00 horas cunha festa infantil na que as nenas e nenos serán os protagonistas desta primeira parte da xornada.

A partir das 19:00 horas repartirase o produto estrela da celebración, as castañas asadas, e máis tarde, sobre as 22:00 horas, poderase degustar o caldo galego, outro clásico imprescindible destas datas.

A programación continuará ás 19:30 horas co Túnel do Terror, unha das propostas máis agardadas, e coa actuación musical do grupo El Corta, que animará a noite.

Como broche final, ao remate do concerto terá lugar unha foliada con grupos da comarca e arredores, que porán o punto final a unha xornada de celebración da cultura e das tradicións galegas.