Novos cursos organizados pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Cursos TIC en liña e Gratuitos

A Conselleria de Promoción do Emprego e Igualdade xunto co Clùster TIC Galicia poñen en marcha unha nova edición do programa TIC EN LIÑA para realizar accións formativas destinadas a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia. A finalidade deste programa de formación é a mellora das competencias e habilidades tanto tecnolóxicas como transversais e así dar resposta ás necesidades actuais do mercado

Formación 100% gratuíta
Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Traballo e Económica Social, o que significa que non se consumen créditos de formación que é gratuíta.

Formación en remoto
Todos os cursos serán online, uns en directo e outros a través de plataformas de teleformación cos mellores contidos e ferramentas para aprender a distancia.

Diploma
En caso de ser apto,  emitirase un certificado acreditativo de aproveitamento do curso.