O Concello de Bergondo abriu de novo o prazo de inscrción para os campamentos de conciliación que se desenvolverán durante o mes de agosto. Esta medida tómase ao quedar aínda prazas dispoñibles nalgunhas das quendas.
As persoas interesadas en anotarse deberán enviar a solicitude cuberta ao enderezo electrónico cultura.deportes@bergondo.gal. O prazo está aberto dende mañá, xoves 27 de xuño, ata o vindeiro día 3 de xullo.
Modelo solicitude campamentos conciliación agosto veran 2024