ACTIVIDADES VERÁN 2_ 2023 A partir do día 22 de xuño de 2023 a partir das 9.00 horas xa podes anotarte ás Novas Actividades Culturais e Deportivas organizadas polo Concello de Bergondo, podes facelo a través do formulario que atoparás nas bases e na publidade.
BASES NOVAS ACTIVIDADES CULTURAIS E DEPORTIVAS VERÁN 2023
Prazo de presentación de solicitudes: do 22 ao 28 de xuño de 2023.
Preferencia de participación.
Primeiro: orde estrito de inscrición tendo preferencia as persoas empadroadas neste concello.
Segundo:persoas que poidan demostrar convivencia con persoas empadroadas neste concello ou que pasen as vacacións en verán no Concello de Bergondo na súa segunda residencia sita Concello de Bergondo. Nestes casos deberán realizar unha declaración xurada desta situación, a cal poderá ser comprobada dende o Concello de Bergondo.