MercaNavila

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Veciñanza

A Deputación da Coruña presentou onte MercaNaVila, unha iniciativa dotada dun investimento de 6 millóns de euros dirixida a fortalecer o pequeno comercio nos municipios da provincia de menos de 20.000 habitantes, co obxectivo de dinamizar o tecido comercial nas localidades máis pequenas, revitalizando os comercios que teñen dificultades para ser competitivos, se ben a beneficiaria é toda a veciñanza  que poderá disfrutar dos descontos con independencia do lugar onde resida.

<<MercaNaVila>>, permitirá ás persoas consumidoras acceder ata 100 euros en descontos directos, aplicables en establecementos adheridos, que variarán entre 5 e 15 euros por compra, dependendo do importe da mesma, o que supón un alivio para as persoas consumidoras e un impulso directo para os comercios locais.

Estes incentivos estarán dispoñibles desde o 20 de outubro ata o 20 de novembro de 2025, ou ata que se esgote o crédito dispoñible.

Con esta acción, a Deputación reafirma o seu compromiso co tecido económico local e busca estimular a actividade comercial nas vilas da provincia, apoiando tanto aos negocios como ás persoas consumidoras.

FAQs MercaNaVila – clientes – ES

FAQs MercaNaVila – clientes – GL

FAQs MercaNaVila – comercios – ES

FAQs MercaNaVila – comercios – GL (1)