O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO DE BERGONDO PON EN MARCHA EN BERGONDO COIDAMOS: ITINERARIO PSICOEDUCATIVO FORMATIVO PARA FAMILIAS CON MENORES.
En outubro dará comezo a II edición do Programa “En Bergondo coidamos”, unha iniciativa dos Servizos sociais do Concello de Bergondo que pretende xerar un espazo dinámico de encontro entre nais/pais e/ou coidadores principais no que se traballen conceptos de maneira práctica ao redor da educación no tramo 0-6 anos.
Serán sesións semanais ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro, máis de 20 horas de espazos compartidos nos que se abordarán temas coma: os estilos de crianza, a comunicación, as normas e límites, as emocións, a comunicación, a corresponsabilidade, os coidados, a diversidade, a atención temperá e mesmo haberá momentos para poñer en práctica técnicas de relaxación familiar.
O equipo de traballo, formado polas educadoras dos Servizos sociais e as técnicas en intervención das diferentes entidades que colaboran está a traballar a reo no deseño deste programa. “Temos un reto por diante: acadar a participación e o compromiso das familias que desexen compartir en grupo as súas dúbidas, acertos, achegas e inquedanzas en relación á crianza” “Desde as diferentes entidades adicadas ao traballo con familias detectamos entre outras cousas: unha grave involución en relación á autonomía das nenas e dos nenos, así como dificultades cos límites no proceso de crianza, un abuso importante e perigoso das pantallas e das tecnoloxías, parece que hai como unha confusión xeralizada.”
Parece que existe como unha perda dos referentes naturais para a resolución de dúbidas ou a comparativa nos procesos de crianza… por iso pensamos que este programa pode ser de moita utilidade para as familias con menores.
Este programa está organizado e planificado desde os Servizos sociais comunitarios en colaboración con diversas entidades especializadas na atención social con mulleres de forma especializada e con familias e menores, así como con servizos de atención e apoio educativo.
Servizos sociais comunitarios de Bergondo
Asociación ANHIDACORUÑA
Asociación Dismacor
Fundación Mujeres
Servizo de Atención Temperá do Concello de Bergondo (SAT) (0-6 anos)
Colexio Rural Agrupado de Bergondo (CRA) (3-5 anos)
Escola Infantil Municipal de Bergondo (EIM) (0-3 anos)
Se queres recibir máis información ou inscribirte podes facelo no:
981.791.252 ext. 4
Departamento de servizos sociais do Concello de Bergondo
Ou eviando un correo cos teus datos a: servizos.sociais@bergondo.gal