Inicio das as obras da nova rede de saneamento en Covas

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello

O Concello de Bergondo iniciou as obras do proxecto de instalación e renovación da rede de saneamento no núcleo de Aldea Covas. Esta intervención, que conta cun orzamento total de 127.829 euros e está cofinanciada a través do Plan Único da Deputación da Coruña, ten como obxectivo principal dotar deste servizo básico ás vivendas situadas no ámbito de actuación que, ata o momento, non dispuñan do mesmo.

Para solucionalo, o proxecto contempla a execución dunha nova rede de saneamento que recollerá as acometidas dos domicilios existentes na zona. Aproveitarase a apertura de gabias para proceder á renovación simultánea da rede de abastecemento de auga que discorre por esta mesma localización. Os traballos permitirán substituír as actuais conducións, fabricadas en PVC, por unhas novas tubaxes de polietileno (PE), modernizando así a infraestrutura hídrica do núcleo.

Solución ás inundacións en Miodelo

Por último, o proxecto inclúe unha actuación de gran importancia na rede de pluviais para resolver os problemas de acumulación de auga no municipio. En concreto, procederase ao descabezado da rede de pluviales existente na contorna da estrada AC-161.

Para logralo, executarase un cruce baixo a propia AC-161 que recollerá as redes de ambas as marxes da vía, desviando a auga a través da rede xa existente na Aldea de Covas. O obxectivo prioritario desta medida é reducir drasticamente a achega de caudal de pluviais que descende cara á zona baixa de Miodelo, dando unha solución efectiva ás frecuentes inundacións que se estaban producindo neste punto xeográfico durante os episodios de choivas.