O Concello de Bergondo iniciou esta semana as obras para ampliar a rede de saneamento en Fiobre, na parroquia de Moruxo, uns traballos que permitirán dar servizo a case todo o lugar, recollendo as acometidas a vivendas que ata o de agora non podían conectarse.
A actuación conta cun orzamento total de 196.369,19 euros e está cofinanciada a través do Plan Único da Deputación da Coruña. A nova rede de saneamento que se está a executar consiste na implantación de catro colectores de augas residuais que se concentran no punto baixo do trazado, 25 pozos de rexistro e un pozo de bombeo.