Formación EBIBLIODACORUNA

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Veciñanza

A EBIBLIODACORUNA é a plataforma gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, prensa e outros materiais que a Deputación da Coruña pon ao servizo de todas as persoas lectoras da provincia. Levar a biblioteca contigo, no teu móbil as 24 horas do día e os 365 días do ano. Unha ferramenta de balde, na que podes autoxestionar os teus préstamos, suxerencia e mesmo conversar e intercambiar opinións con outras persoas.Os contidos a tratar serán:

0. Benvida e presentación.

1. Cómo inscribirse e cómo acceder.
2. Cómo navegar pola plataforma e cales son as súas funcionalidades.
3. Posibilidades de lectura (online, offline e mediante descarga DRM).
4. Política de préstamos.
5. Cómo enviar suxerencias de compra. Mellores prácticas.
6. Cómo acceder e participar no club de lectura.
7. Próximas convocatorias de clubes de lectura. 

A actividade terá lugar o venres 10 de abril na Axencia de lectura de Bergondo (debaixo de ABANCA) de 17:00 a 19:00.

Para poder participar é preciso ter máis de 14 anos e dispoñer de teléfono móbil con conexión a Internet.

O grupo máximo de participantes será de 15 persoas. No caso de que haxa maior demanda realizarase un sorteo entre todas as persoas inscritas. Terán prioridade as persoas empadroadas no concello de Bergondo. As listaxes publicaranse na web do concello de Bergondo.

Prazo de preinscrición: ata o  24 de marzo de 2026

Listados provisionales: 25 de marzo

Listaxes definitivas serán publicadas o 27 de marzo

Preinscricións: Pódese elixir unha das seguintes opcións:

– Vía formulario on-line FORMULARIO PREINSCRICIÓN

– Vía presencial: de 11.00 a 13:00h no Edificio A Senra e de 16:00 a 20:00 na Axencia de lectura (baixo do edificio de ABANCA)

Máis información: 981 794460 (de 16:00 – 20:00) ou bergondo.rbgalicia@eidolocal.es

LISTADO ADMITIDOS