O Concello de Bergondo acaba de finalizar a obra de mellora dun vial na parroquia de Lubre, unha estrada entre os lugares de Armuño e Campo Galán que une a DP-0813 coa DP-0803. O investimento realizado nestes traballos é de 35.845,90 euros, financiados a través dos fondos de AGADER.
As actuacións realizadas consistiron na repavimentación con aglomerado da estrada, que presentaba un firme bastante deteriorado polo uso do mesmo. Ademais do reasfaltado, realizáronse traballos de limpeza de cunetas e bordos e a renovación da sinalización horizontal.