O auditorio da Senra acollerá o sábado, 28 de decembro, ás 11 horas a presentación do libro ‘Intelixencia Artificial para a sociedade’, unha obra de Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo.
O título, publicado co apoio de Medulia Editorial, explora o potencial da iA como ferramenta educativa e o seu impacto na sociedade contemporánea, baixo o compromiso de dotar ao alumnado das competencias necesarias para afrontar os retos do futuro.
Fina Paulos, veciña de Bergondo, é recoñecida como unha das figuras máis destacadas no ámbito educativo español e vén de ser seleccionada como finalista nos VIII Premios Educa Abanca na categoría de secundaria e bacharelato, sendo recoñecida como unha das dez mellores docentes de España.
