FESTA FIN DE CURSO 17-06-2023

SOLICITAR A INVITACIÓN DA FESTA FIN DE CURSO-CLAUSURA DE ACTIVIDADES

Prazo de inscrición:  Ata o luns, día 12 de xuño de 2023.

– Os escolares do CP.I Cruz do Sar inscribiranse no colexio.  Poderán inscribir ao pai/nai e aos irmáns.

– Os nenos do CRA de Bergondo e da Escola Municipal de Educación Infantil inscribiranse na súa escola, sempre que non estean anotados/as cun irmán no C.P.I. Cruz do Sar. Poden inscribirse os pais, nais e neno/a escolarizado/a. Máximo 3 invitacións por escolarizado.

– As persoas que asisten ás actividades de Servizos sociais, poderán inscribirse cos seus monitores. So poderán inscribir a maiores un acompañante. Máximo 2 invitacións por inscrito.

– As persoas que estean inscritas en actividades culturais e deportivas que non se inscriban cos fillos matriculados no C.P.I. Cruz do Sar, no CRA ou na Escola Infantil Municipal, poden inscribir a maiores a un  acompañante. As invitacións para o xantar PODEN SOLICITALAS por teléfono na Casa da Cultura do concello, de 9.00 a 15.00 h, ata o luns, día 12 de xuño de 2023. Para isto teñen que entregar nome, apelidos e teléfono do inscrito/a e da persoa acompañante. Estas invitacións solicitadas pódense RETIRAR NA SENRA do 13 ao 16 de xuño, en horario de 15.30 a 21.30 h.

 

11 INFORMACIÓN INVITACIÓN FESTA FIN DE CURSO 17 06 2023