Festa de Fin de Curso e Clausura de Actividades do CPI Cruz do Sar

Este sábado, 13 de xuño, o CPI Cruz do Sar acollerá a Festa de Fin de Curso e Clausura de Actividades. O evento, organizado conxuntamente polo Concello de Bergondo e a A.P.A. “As Mariñas”, ofrecerá unha xornada ininterrompida de deporte, lecer e convivencia familiar.

A continuación, detallamos a programación completa da xornada:

Exhibicións deportivas e culturais As primeiras actividades desenvolveranse no pavillón:

  • 11:50 h: Taichi

  • 12:00 h: Ximnasia rítmica

  • 12:25 h: Taekwondo

  • 12:50 h: Danzas urbanas

  • 13:10 h: Atletismo

  • 13:30 h: Patinaxe

  • 16:00 a 18:00 h: Xadrez, robótica e pintura (estas actividades realizaranse na zona do comedor)

Xantar de convivencia O xantar comunitario organizarase en dúas quendas. Lémbrase a todos os asistentes que é imprescindible presentar o ticket e prégase non sacar comida da zona do monte.

  • 14:15 h: Infantil e primaria

  • 14:45 h: Secundaria e adultos

Lecer, xogos e fin de festa Ao longo de todo o día haberá múltiples opcións de entretemento:

  • De 11:00 a 12:00 h: Inchables.

  • A partires das 15:00 h: Inchables, obradoiro, xogos tradicionais, panel fotográfico e flocos de millo.

  • A partires das 20:00 h: Gran festa da escuma.

  • A xornada estará animada cunha foliada a cargo da Agrupación de Música Tradicional de Bergondo.

Información importante

  • Tráfico e aparcamento: Permitirase a entrada de vehículos á zona do monte exclusivamente de 08:30 a 11:00 he, unha vez remate a festa da escuma, entre as 20:30 e as 21:00 h. Fóra destes horarios, non se poderán deixar vehículos nesa zona.

  • Menores: Os responsables dos menores durante a xornada serán os seus pais, nais, titores ou as persoas nas que deleguen.

A xornada conta coa inestimable colaboración da Agrupación de Música Tradicional de Bergondo, Cruz Vermella Betanzos e Protección Civil de Bergondo.