Bergondo acolle a exposición “Saúde Universal. Proxectos que dan vida” sobre cooperación sanitaria en África lusófona
O Concello de Bergondo inaugura na Casa da Cultura a exposición “Saúde Universal. Proxectos que dan vida”, unha mostra promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que poderá visitarse do 4 ao 31 de maio.
A exposición ofrece unha achega aos proxectos de saúde que se desenvolven en países da África lusófona grazas ao apoio de concellos e deputacións galegas. Trátase dunha iniciativa de sensibilización que busca visibilizar a importancia da cooperación internacional e o impacto positivo destas actuacións na vida das persoas.
O Fondo Galego, entidade que agrupa administracións locais de toda Galicia, impulsa proxectos centrados nos dereitos humanos e no acceso a servizos básicos como a saúde, contribuíndo á mellora das condicións de vida en países empobrecidos .
A mostra complétase coas ilustracións da artista Sandra Lodi, que achegan unha mirada humana e próxima ás realidades representadas.
Con esta iniciativa, o Concello de Bergondo reafirma o seu compromiso coa solidariedade internacional e coa promoción dunha cidadanía máis consciente e comprometida.
Datos da exposición:
Lugar: Casa da Cultura de Bergondo
Datas: do 4 ao 31 de maio
Ilustracións: Sandra Lodi

Lugar: Casa da Cultura de Bergondo
Datas: do 4 ao 31 de maio
Ilustracións: Sandra Lodi