Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Xornada de intercambio de libros

Abril 23

Este 23 de abril, a Biblioteca Municipal de Bergondo convídate a celebrar o Día do Libro dun xeito moi especial: dándolle unha nova vida ás túas lecturas! 📖

Organizamos unha xornada de intercambio de libros (infantís, xuvenís e de adultos). A mecánica é moi sinxela: trae un ou dous libros que xa liches e leva contigo outros diferentes para descubrir novas historias. O obxectivo é fomentar a lectura e compartir os nosos gustos literarios.

Toma nota dos espazos e horarios onde se realizará a actividade:

  • De 10 a 13 horas: Sala infantil e xuvenil da Senra.
  • De 16 a 20 horas: Axencia de lectura (baixo de ABANCA).

Os libros que ao rematar a xornada non fosen escollidos por ninguén, quedarán gardados na Biblioteca para empregarse en futuras iniciativas de fomento da lectura.

Detalles

  • Data: Abril 23