
- Este evento pasou.
Viaxe a Ponferrada e Molinaseca

O Concello de Bergondo, no marco da súa programación de viaxes socioculturais para veciñas e veciños de municipio, organiza o próximo día 11 de maio unha saída a Ponferrada e Molinaseca.
Dirixida a calquera residente maior de 18 anos (os menores poderán apuntarse sempre que vaian acompañados dun adulto), a expedición partirá da Casa do Concello bergondesa ás 8:00 horas, e regresará sobre as 22:00 dese mesmo día.
No itinerario contémplase a visita ao Castillo dos Templarios, unha fortaleza de orixe prehistórica e que está considerado como un dos máis notables do noroeste de España, sendo declarado como Ben de Interese Cultural (BIC) e Monumento Nacional hai un século (1924). Ademais, tamén se poderá pasear polos centros históricos das dúas poboacións leonesas.