
- Este evento pasou.
Roteiro ‘Mulleres que abren camiño’
19/05/2024 @ 10:00 - 13:00
No marco do programa ‘Bergondo en feminino’, o Concello de Bergondo organiza o roteiro ‘Mulleres que abren camiño’. Esta actividade porá en valor a figura de cinco bergondesas que racharon cos estereotipos da súa época e se desenvolveron libremente.