Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Outono Cultural – Mai Mai

Outubro 21 @ 18:00 - 19:00

É a historia do último Oso Panda do planeta e a súa loita por sobrevivir. A falta de comida e os problemas ocasionados polo quecemento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller forte, emprendedora e moi revolucionaria e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que resolver…

Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a cobiza, o éxito e a concienciación medioambiental como temas transversais pero “Mai Mai” é unha historia que fala da revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre que estamos a facer no mundo que vivimos.

Detalles

Data:
Outubro 21
Hora:
18:00 - 19:00

Recinto

A Senra