
- Este evento pasou.
Outono Cultural – I Mostra de Teatro Amador
Setembro 30 @ 18:00 - 21:00
I Mostra de Teatro Amador. Organiza. Asociación Catro Gatos Bergondo
DE 18:00-18:50
CASE CEN ANOS
Escola de Teatro APA As Mariñas
Un grupo de alumnas e alumnos de teatro xúntanse para crear un espectáculo sobre as orixes de A Senra. Pero que era a Senra antes de que fose un centro cultural? A través dun traballo de investigación e de imaxinación os intérpretes da Escola de Teatro da APA As Mariñas crean unha peza de teatro documental no que o eixe fundamental é A Senra e a historia dos bergondeses e das bergondesas.
DE 19:30-20:45
VAIA IDIOTAS DameCuerda QueTeatro
Algunhas afeccións poden ser… crueis, como convidar a descoñecidos para rirte deles. Maquetas e calmantes, editoras literarias e inspectores de facenda, chamadas de teléfono e partidos futbol son ingredientes desta comedia.