Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Outono Cultural – As fillas bravas e o mito de Casandra

Decembro 2 @ 19:00 - 20:00

As Fillas Bravas son tres pandereteiras que cantan coplas e contan contos escoitados- ou inventados, con moita retranca e non menos sabedoría. Nesta nova obra, As Fillas Bravas usan as fontes do teatro clásico grego e da música tradicional galega como ferramentas para artellar a súa singular convera cantada.

É , por un lado, unha obra na que tres mulleres maiores tratan de entender o cambio climático e facerlle fronte aplicando os saberes e a experiencia dunha vida longa no rural. E por outro, é unha obra con perspectiva de xénero á procura de personaxes femeninas apoderadas, colocando o foco nunha muller afirmativa, autónoma e implicada na colectividade.

Detalles

Data:
Decembro 2
Hora:
19:00 - 20:00

Recinto

A Senra