Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

O ciclo de teatro Marusía Escénica chega a Bergondo

09/03/2024 @ 16:00 - 20:00

O Concello de Bergondo acollerá tres obras do ciclo Marusía Escénica este sábado, 9 de marzo. Será a segunda parada desta iniciativa, impulsada por catro concellos da comarca en colaboración con Camtheam e a Asociación Cultural Catrogatos co obxectivo de fomentar as artes escénicas.

As actuacións, que serán no auditorio da Senra, comezarán ás 16:00 horas da man do grupo EMTSTeatro, que interpretarán “En memoria de Troia”. Ás 18:00 horas será a quenda de EMUTO, do Centro Municipal de Artes Escénicas de Oleiros, que representará “Anacos de vida”. Por último, ás 20:00 horas, Camtheam pechará a xornada teatral con “Veredicto”.

O acceso á sala será libre e completamente gratuíto ata completar a
capacidade.

Este ciclo inaugurouse a pasada fin de semana en Sada. A continuación, pasará por Cambre os días 16 e 17 de marzo, para terminar o 7 de abril en Oleiros.

Detalles

  • Data: 09/03/2024
  • Hora:
    16:00 - 20:00

Recinto

  • A Senra