Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

IV Urban Trail Solidario Polígono de Bergondo

28/09/2024 @ 10:30 - 12:30

A cuarta edición do Urban Trail Solidario Polígono de Bergondo celebrarase o vindeiro sábado, 28 de setembro. A proba, organizada polo Concello e a Comunidade de Propietarios do Polígono, volverá concentrar na área industrial bergondesa por centos de deportistas para colaborar co Banco de Alimentos Rías Altas, ao que se doará o 100% do recadado.

A proba, na que colaboran o Club Atlético Bergondo e a Federación Galega de Atletismo. As inscricións para participar xa están abertas na páxina web www.carreirasgalegas.com. Hai diferentes modalidades: carreira de 6 km, de 1 km, de 500 metros e de 100 metros; e andaina de 6 km. Ademais, cada participante poderá achegar un quilo de alimentos antes da saída da proba. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o mércores antes da proba, 25 de setembro.

Para máis información as persoas interesadas poden enviar un correo electrónico a administracion@poligonodebergondo.com ou chamar ao teléfono 981 795 422.

Detalles

  • Data: 28/09/2024
  • Hora:
    10:30 - 12:30

Recinto

  • Polígono de Bergondo
  • https://maps.app.goo.gl/47xFK6ze4x3CuAW88 + Google Map