Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

A Senra, o símbolo dun pobo

Xuño 29 @ 16:00 - 20:00

O Concello de Bergondo organiza para o vindeiro sábado, 29 de xuño, a xornada ‘A Senra, o símbolo dun pobo’, en homenaxe ao centenario da Asociación Centro de Instrucción y Recreo de Bergondo y sus Contornos, que se fundou en 1924 e que impulsou a construción do emblemático edificio.

A xornada comezará ás 16 horas coa inauguración da área deportiva da Senra, unha actuación que contou cun orzamento de 737.000 euros, financiada con fondos municipais e con cargo ao Plan Único da Deputación da Coruña, e a través da que se creou un espazo con pista de atletismo, bancadas, unha pista polideportiva, un auditorio, unha área de calistenia e zonas infantís. Ademais, esta obra permitiu remodelar a praza situada fronte ao edificio.

Logo, a partir das 18 horas, levarase a cabo o acto de homenaxe, que comezará co descubrimento, por parte da alcaldesa, Alejandra Pérez Máquez, dunha placa conmemorativa para logo, xa no salón de actos do edificio, realizar unha videochamada cos descendentes do grupo de emigrantes bergondeses, residentes en New York, que enviaron fondos para comprar a finca e crear o edificio.

O acto estará conducido polo músico Pedro Lamas que ademais actuará coa Agrupación de Música Tradicional de Bergondo, fundada recentemente polo mesmo e que aglutina a diferentes músicas e músicos do municipio. Amenizarán o acto e tamén participarán na clausura, que levará a cabo no auditorio da área deportiva e na que tamén participará Na Cerna do Son, un proxecto multiarterial sobre a emigración e a tradición.

Detalles

Data:
Xuño 29
Hora:
16:00 - 20:00

Recinto

A Senra