Estrea do banco pola igualdade

O Concello de Bergondo inaugurou o seu banco pola igualdade, creado a través do obradoiro colaborativo ‘A igualdade ocupa rúa’, que supón a cuarta fase do programa ‘Bergondo en feminino’, impulsado pola concellería de Benestar Social.

Con este acto, presidido pola alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez, e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña Calviño, culmina un proceso iniciado hai un mes, cando as mulleres participantes no taller reuníronse para sumar ideas e empezar a plasmar o deseño do banco.

Todas estas persoas foron as encargadas onte de dar a coñecer o novo banco, instalado en San Cidre, á beira do edificio de Servizos Sociais e da casa do concello. Nas súas táboas pode lerse o lema ‘Queremos e podemos’ xunto á ilustración deseñada no obradoiro.

Alejandra Pérez Máquez explicou que “a nosa intención é extender esta iniciativa e realizar obradoiros para o deseño de máis bancos no municipio con outros temáticas como pode ser a familia, os nosos maiores…”.