EN BERGONDO COIDAMOS

Bergondo pon en marcha “En Bergondo coidamos” un programa de apoio psicolóxico para
persoas coidadoras.

Desde o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo iniciamos en marzo un conxunto de actividades formativas e de apoio psicolóxico para persoas coidadoras: “En Bergondo coidamos”.

Actividades para o fomento da autoestima, xestión do tempo, uso do móbil, relaxación, corresponsabilidade, escoita activa, hixiene postural e saúde mental son algunhas das temáticas que serán tratadas no programa. Está dirixido a mellorar o benestar das persoas que coidan dia tras dia aos seus familiares nunha situación dependencia (con enfermidade crónica, discapacidade, adiccións etc) e que se atopan moitas veces sobrecargadas, superadas, con sentimentos de soidade ante este tipo de situacións de vida e abandonando en ocasións, a propia saúde, o traballo e mesmo a súa capacidade de goce.

O programa formativo e de apoio “En Bergondo coidamos” desenvolveráse de forma gratuíta no edificio A Senra ao longo dos meses de marzo, abril, maio e xuño e conta coa colaboración dun equipo de profesionais de asociacións especialistas relacionadas coa temática dos coidados: Fundación Mujeres, Afaco, Párkinson Galicia-Coruña e TP Galicia.

Podese ampliar información no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo no 981.791252 ext. 4 ou por correo electrónico con serezabel.rodriguez@bergondo.gal . Tamén pode achegarse á oficina en horario de 08.30h. a 15.00h. de luns a venres ao carón da Casa do Concello no enderezo: Estrada da Coruña, 12 – Bergondo.