Costas publica a aprobación definitiva do proxecto para a estabilización de noiros na praia de O Regueiro

  • Publicación da entrada:
  • Categoría da entrada:Concello

A Demarcación de Costas de Galicia, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica, publicou hoxe, xoves 2 de outubro, no Boletín Oficial do Estado (BOE) a aprobación definitiva do proxecto de estabilización de noiros en O Regueiro para mellorar a seguridade na praia.

Tras este trámite previo necesario, o Concello xa pode iniciar o proceso para poñer á disposición os terreos afectados pola actuación prevista, tal e como se comprometeu en sesión plenaria.

Este proxecto é clave para resolver os problemas de erosión e inestabilidade que afectan ao bordo litoral desta praia situada na marxe esquerda da ría de Betanzos, dentro do espazo protexido Rede Natura 2000 “Betanzos-Mandeo”.

Contempla a continuación das actuacións xa executadas na zona leste do litoral, con traballos que inclúen o desbroce e limpeza dos noiros, a súa estabilización mediante escolleras e mallas de protección, a execución dunha senda peonil sobre a escollera e unha pasarela de madeira para salvar o cauce do Rego do Cabanés. Ademais, levarase a cabo unha hidrosiembra con especies vexetais adaptadas ao ambiente mariño para favorecer a integración paisaxística da obra.

Desde o goberno local destacan que “este é un paso máis, e xa quedan menos; en canto se complete o proceso expropiatorio será o Ministerio o encargado de sacar a licitación o proxecto para logo acometer as obras”.