
Aínda estás a tempo de vivir unha experiencia diferente en Bergondo!
Este xoves 23 de abril agardámoste en *Coser a historia*, un obradoiro creativo e emocionante no que mesturaremos fotografía, costura e memoria para render homenaxe ás mulleres importantes das nosas vidas 
Da man de Verónica Ramilo, converteremos unha imaxe especial nunha peza única feita coas túas mans, compartindo historias, recordos e un tempo bonito en comunidade.
Só tes que traer unha fotografía dunha muller significativa para ti (impresa ou no móbil). Se non tes, tamén haberá imaxes dispoñibles.
Non importa se nunca cosiches: non fai falta experiencia previa.
Un espazo acolledor para crear, conversar e desfrutar.
A obra final formará parte dunha exposición colectiva.
23 de abril
De 17:00 a 20:00 h
Centro social de Cortiñán Josefa Crespo Veiga
Reserva a túa praza enviando a foto a: paola@rexenerando.com
Inscricións: i.gal/BEF2026
As prazas son limitadas, anótate xa e ven compartir unha tarde especial 
